Astérix na terra dos bretóns
Xúlio César invade a Bretaña e rapidamente cae en poder de Roma… mais unha pequena vila continúa a resistir ao invasor. Por sorte un dos resistentes, Bonatórax é curmán de Astérix e sae cara a Gália para conseguir traer a pócema máxica para continuar a loita. Astérix e Obélix acompañan a Bonatórax á Bretaña, mais son recoñecidos polos romanos, o que pon en perigo a súa misión. O barril de pócema é aprendido polos lexionarios, deseguido é recuperado polos nosos amigos, é roubado de novo por un ladrón de carrozas, descobren o paradoiro nun equipo de rugby… Mesmo antes de chegar á vila bretona o barril é destruído, mais Astérix consegue moralizar aos bretóns cunha bebida estraña, o té, e os romanos sofren unha nova derrota.
- Ano: 1986
- País: Denmark, France
- Xénero: Family, Animation, Adventure, Comedy
- Estudo: Dargaud Films, Gutenberghus, Gaumont International
- Palabra clave: rome, italy, roman empire, magic, village, cartoon, pirate gang, based on comic, historical fiction, warrior, invincibles, 1st century, britannia
- Director: Pino Van Lamsweerde
- Reparto: Roger Carel, Pierre Tornade, Graham Bushnell, Pierre Mondy, Maurice Risch, Roger Lumont